Sobre nós

 

 

 

 

Os nosos fins:

a) Promover como valores fundamentais nos mozos galegos a Liberdade, a defensa dos Dereitos Humáns e a Democracia, así como o respeto e a tolerancia a tódalas ideoloxías democráticas.

b) Fomentar aa participación dos mozos ó servicio dunha sociedade democrática dentro do Ordenamento Constitucional.

c) Difundir e defender o proxecto político que representa o Partido Popular de Galicia e NOVAS XERACIÓNS DE GALICIA.

d) Articular e canaliza-la política en materia de xuventude do PARTIDO POPULAR DE GALICIA.

e) Mediante un programa de formación continua, proveer a incorporación ó Partido Popular de Galicia de mozos cualificados.

f) Promove-la plena participación dos mozos nas tarefas do Partido Popular de Galicia e nas institucións representativas da administración.

g) Formular programas de actuación ó servicio da sociedade española na mellora das súas condicións de vida e en aras do seu progreso, para que sexan asumidos e defendidos polo Partido Popular de Galicia.

h) Ordenar a súa actividade na defensa da identidade de España e de a súas Comunidades Autónomas, inspirada no principio de solidaridade entre as mesmas, como garantía e recoñecemento da súa unidade e carácter plural.

i) Revitaliza-la confianza dos cidadáns, especialmente os mozos, nas institucións e nos partidos políticos, como instrumentos necesarios do progreso para aumenta-las oportunidades e o nivel de benestar dos españois.

j) Contribuir ó desenrolo do acervo comunitario entre os mozos galegos, e traballar na difusión e defensa da acción e posición internacional do Partido Popular de Galicia, en especial respecto ás relacións europeas, transatlánticas e iberoamericanas.

k) Fomenta-la participación social de NOVAS XERACIÓNS DE GALICIA aumentando a súa presenza en diferentes ámbitos e organizacións como ferramentas para articular actuacións específicas e promover a súa acción política.

Advertisement
A %d blogueros les gusta esto: