O voceiro popular Jaime Castiñeira advirte que o PP “non será cómplice da ruína económica do Concello de Lugo que pretende Orozco” e á que se chegou “unica e exclusivamente pola nefasta xestión” do socialista, malia que os populares viñeron advirtindo nos últimos tempos da gravidade da situación
Castiñeira afirma que o recibo da auga se triplicará pola pésima xestión de Orozco
- O voceiro salienta que a empresa da auga vai ser “unha oficina de colocación do PSOE e BNG” con 78 traballadores “que se van colocar dende o bipartito”
- Castiñeira sostén que o goberno local pretende facer unha “montaxe dunha operación encuberta de crédito”, para que non compute como débeda, recurrindo a un sistema de financiamento externo a través dunha empresa privada, que adiantará 9,5 millóns de euros
- O popular explica que “con esta operación, o que pretende Orozco é salvar a súa cara e deixar outra hipoteca máis para futuras corporacións”
- O popular condena a “improvisación total e absoluta” coa que traballa o bipartito, xa que, en dous días, aumentou o capital social da empresa en 1,1 millóns (de 12,4 a 13,5 millóns de euros).
Castiñeira referiuse a que este proceso “non é máis que unha operación de crédito encuberta”, xa que, “en lugar de pedir financiamento aos bancos, recorren a unha empresa privada que aporta 9,5 millóns de euros”, co único obxectivo de que non compute como débeda financeira a ollos do Banco de España.
Por iso, o popular anunciou o seu rexeitamento a este proxecto, que “vai representar a ruína económica do Concello de Lugo”. Explicou que a creación da empresa mixta da auga vén ratificar “o que tantas veces denunciamos dende o PP”: que as contas non son as que o goberno presume e que a xestión económica de Orozco é “pésima e nefasta”. Argumentou que se o alcalde non tivese asinado un convenio coa Xunta de Galicia para asumir o Concello, en lugar da administración autonómica, o mantemento da estación depuradora, agora non faría falta encamiñarse cara esta empresa mixta, “a menos que a intención fose precisamente preparar o terreo á medida da empresa”, matizou.
“É máis, sen este acordo, coa entrada da Lei de Acompañamento dos Orzamentos da Xunta de Galicia, segundo o seu artigo 10, a administración autonómica asumiría a metade do mantemento da EDAR, como acontece en Pontevedra”, expuxo. Neste caso, o ente municipal podería aforrar en 2012 máis de 1,5 millóns de euros.
Filed under: Uncategorized | 5 Comments »