“NNXX solicitará ao conselleiro delegado de Twitter a súa versión en galego e comprométese a colaborar na tradución”

A organización xuvenil realizará esta petición a través dunha misiva que será enviada a Dick Costolo e poñerá centos de mozos a disposición de Twitter para lograr o seu obxectivo

 

NNXX solicitará ao conselleiro delegado de Twitter a súa versión en galego e comprométese a colaborar na tradución

 

  • Javier Dorado cre que sería unha forma moi útil de promover a lingua galega entre os usuarios dunha das redes sociais máis coñecidas e utilizadas do mundo
  • Asegura que o compromiso de NNXX coa lingua galega é o que move a esta organización a interesarse por que Twitter abra o seu centro de traducións tamén ao galego

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2012.- Novas Xeracións de Galicia solicitará ao conselleiro delegado de Twitter, Dick Costolo, a versión en galego desta coñecida rede social e comprométese a colaborar na súa tradución.

Segundo o presidente da organización xuvenil, Javier Dorado, Novas Xeracións realizará esta petición a través dunha misiva na que non só pedirá que se abra o centro de traducións de Twitter ao galego, senón que tamén ofrecerá a axuda dos mozos e mozas da formación para lograr este obxectivo.

Tras coñecerse que a partir do vindeiro 5 de xullo Twitter dispoñerá dunha versión en euskera e catalán, Novas Xeracións considera que non debe destacar pola súa ausencia nesta rede social a outra lingua oficial de España, que é a galega.

Para Javier Dorado, que os internautas poidan dispoñer do Twitter en galego sería unha forma moi útil de promover a nosa lingua entre os usuarios dunha das redes sociais máis coñecidas e utilizadas do mundo.

Nesta liña, asegura que o compromiso de Novas Xeracións coa lingua galega é o que move a esta organización a interesarse por que non se quede atrás e Twitter abra os seu centro de traducións tamén neste idioma.

 

Advertisement

3 Respostas

  1. E porque non a promocionades en Galicia?

  2. […] Surrealismo tangaiego: juventudes pepeiras públicamente solicitan Twitter en galego e comprométens… nnxxlugo.wordpress.com/2012/06/20/nnxx-solicitara-ao-consell…  por o_pArAsiTo hai 2 segundos […]

  3. Una iniciativa de las mejores, como siempre en Nuevas Generaciones caracterizadas siempre por la innovación y la adaptación de los nuevos recursos a la riqueza cultural gallega, qué mejor que promover un medio social en el idioma imperante de la cultura gallega para crear la unión necesaria como para impulsar una de las mejores culturas de España. Una iniciativa más que demuestra que los jóvenes no caminamos a ciegas sino que tenemos en consideración nuestras raíces y nuestras inquietudes. Felicidades por la propuesta y ahora a seguir luchando y trabajando. Enhorabuena campeones!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: