AS CLAVES DA REFORMA SANITARIA NACIONAL
É un feito que o actual sistema sanitario é insustentable: España debe 16.000 millóns de euros; o equivalente, case, ao Orzamento sumado de Galicia dos anos 2011 e 2012.
Seguir na mesma senda que ata o de agora supoñía o camiño máis rápido cara á desaparición da asistencia sanitaria gratuíta e universal en España, polo que se facía urxente tomar decisións para evitar a quebra do sistema como as que aquí detallamos.
O copago solidario de medicamentos
Este sistema establece que os que menos teñen, menos terán que pagar polos seus medicamentos. De feito, algúns pagarán un pouco máis para que outros non paguen nada.
Poderíase facer o que fixo o Goberno socialista no ano 2010: apostar por incrementar o IVE e provocar así que todos paguen máis e de forma indiscriminada. Así, os costes dos medicamentos subían por igual a ricos e a pobres, a pensionistas e a parados.
A reforma do Goberno de Rajoy fai exactamente o contrario: protexe máis a quen máis o necesita. Deste xeito:
Deste xeito, un cidadán en activo que tribute pagará un 10% máis polos seus medicamentos. Exemplos:
- Se agora abonan 34 céntimos de euro por unha caixa de paracetamol con receita do Sergas, agora abonarán 43.
- Se abonan 1 euro por un antibiótico convencional para curar gripes, por exemplo, agora abonarán 1,25
Turismo sanitario
A situación económica de España non nos permite pagar a cidadáns doutros países o que os seus países de orixe non lles paga.
Por iso, hai que combater o turismo sanitario porque nin España nin Galicia poden ser paraísos cirúrxicos aos que chegar, operarse gratis, e marchar.
As persoas que veñen a España a operarse cústanlle máis de 1.000 millóns de euros ao Sistema Sanitario nacional, polo que é preciso recuperar ese diñeiro para concentrar o esforzo investidor nas persoas incluídas no circuíto sanitario español.
Filed under: Uncategorized |
Paréceme que non se podía facer mellor reforma ca esta, ver como xubilados compraban medicamentos gratis para os seus fillos. netos e que incluso despois non chegaban a consumir, eso tiña que rematar.
Estou totalmente de acordo.
Unha matización: os antibióticos non curan gripes. E si se empregan para eso, chámase despilfarro e malpraxis.