- A exconselleira do goberno Fraga, Manuela López Besteiro; a deputada no Congreso e membro da Comisión de Igualdade do PPdeG, Paz Lago; a concelleira de Asuntos Sociais de Lugo, Mari Teijeiro; e a coordinadora de Igualdade de NN.XX de Galicia, Susanna Rodríguez, integraron o grupo de relatores
Lugo, 9 de marzo 2012.- Coincidindo coa celebración onte do Día Internacional da Muller Traballadora, Novas Xeracións da provincia de Lugo organizou unha mesa redonda na sede do PP centrada no debate da desigualdade de xénero como un problema social. Segundo explicou o presidente local de NN.XX, Jacobo da Silva, a importancia desta iniciativa radica en que “a desigualdade de xénero a día de hoxe aínda está presente na xuventude e en moitos eidos da nosa vida”. Dado isto, segundo Da Silva “é necesario ver cal é a situación presente para poder facer valoración de cómo podemos mellorar e acadar unha igualdade real e efectiva”.
A exconselleira do goberno Fraga, Manuela López Besteiro; a deputada no Congreso e membro da Comisión de Igualdade do PPdeG, Paz Lago; a concelleira de Asuntos Sociais de Lugo, Mari Teijeiro; e a coordinadora de Igualdade de NN.XX de Galicia, Susanna Rodríguez, integraron o grupo de relatores que analizaron exhaustivamente a situación, aportaron as medidas e solucións que se tomarán dende o goberno para a erradicación da desigualdade de xénero real e centraron a problemática na xuventude.
A secretaria xeral de NNXX de Lugo-cidade foi a encargada de inaugurar un acto que estivo clausurado polos presidentes provincial e rexional de Novas Xeracións, Daniel Vega e Javier Dorado, respectivamente. Jacobo da Silva tamén interviu no acto de clausura e falou da desigualdade de xénero entre os xóvenes como un problema social que “debemos erradicar”. Da Silva fixo referencia á situación desta problemática na área universitaria ao asegurar que a maioría dos estudantes son mulleres á hora de facer contratacións, mentres que son primeiro os homes os que firman un contrato laboral. Así, o presidente local preguntouse polos culpables e analizou o que se pode facer para erradicar esta situación.
Filed under: Uncategorized |
Deixar unha resposta