Os mozos de NN.XX. de Lugo entregan os alimentos recollidos durante a campaña Neste Nadal…Implícate!
Os veciños depositaron ao longo do último mes, tanto na sede do PP na rúa Ramón Cabanillas como nas oficinas do grupo municipal, uns 350 quilogramos de diferentes produtos non perecedoiros
Xaneiro 18-12-2011.– Os mozos de Novas Xeracións de provincia de Lugo entregaron os alimentos recollidos durante a campaña solidaria Neste Nadal…Implícate!, que este ano estivo enmarcada dentro do proxecto Lugo Solidario. Os membros da agrupación depositaron nas instalacións de Punto Radio os máis de 350 quilogramos de diferentes produtos non perecedoiros que os lucenses deixaron ao longo deste último mes tanto na sede do PP, situada na Rúa Ramón Cabanillas, como nas oficinas do grupo municipal. Os alimentos xunto do resto de produtos recadados dentro do proxecto Lugo Solidario doaranse ao comedor social de San Froilán.
O presidente local de Novas Xeracións da cidade de Lugo, Jacobo da Silva, agradece a “implicación” de todos os veciños que “en tempos tan complicados se implicaron no apoio aos máis necesitados” . Tralo éxito da campaña, dende Novas Xeracións están estudando a posibilidade de crear un banco de alimentos permanente durante todo o ano “porque cremos que non só durante o Nadal debemos sacar adiante estas iniciativas, senón que debe ser un traballo constante e cun firme compromiso e responsabilidade, xa que estamos falando de familias cun importante índice de pobreza”.
Neste Nadal…Implícate!
A campaña Neste Nadal…Implícate! de recollida de alimentos celebrouse por primeira vez no Nadal de 2010 xa que segundo explica Jacobo da Silva, “a día de hoxe son moitas as familias, etnias e colectivos sociais que están atravesando unha preocupante situación de precariedade e pobreza”, Dada esta situación, dende a agrupación político – xuvenil “quixemos volver a facer un chamamento a todas aquelas persoas que queiran colaborar con nosoutros para que non dubiden en facelo”. Jacobo da Silva asegurou que “se nos implicamos podemos chegar cun simple xesto a todos aqueles que desgraciadamente están pasando fame”. “Na nosas mans está que a erradicación da pobreza pouco a pouco se converta en realidade”, concluíu o presidente local.
Filed under: Uncategorized |
Deixar unha resposta