A campaña de recollida de alimentos promovida por NN.XX dá comezo mañá
Os que o desexen poderán depositar alimentos ata o 10 de xaneiro na sede do PP e nas oficinas do grupo municipal no Concello.
Decembro 10-12-2011.– A campaña de recollida de alimentos Neste Nadal…Implícate!!!, promovida por segundo ano consecutivo por Novas Xeracións de Lugo Cidade, dá comezo mañá. Os que o desexen poderán depositar alimentos ata o 10 de xaneiro tanto na sede do Partido Popular en Lugo, situada na Rúa Ramón Cabanillas, como nas oficinas do grupo municipal do Concello na Praza de España. Os alimentos recadados serán doados ao comedor social da cidade.
O presidente local de Novas Xeracións, Jacobo da Silva, presentou a campaña Neste Nadal…Implícate!!! esta mañá durante unha rolda de prensa, durante a que resaltou que “esta campaña non entende de partidos políticos, nin de siglas, nin de ideoloxías”, xa que segundo explicou Da Silva “quere ser unha campaña aberta a toda a sociedade”. “A día de hoxe son moitas as familias, etnias e colectivos sociais que están atravesando unha preocupante situación de precariedade e pobreza”, explicou o mozo popular. Dada esta situación, dende a agrupación político – xuvenil “queremos facer un chamamento a todas aquelas persoas que queiran colaborar con nosoutros para que non dubiden en facelo”.
Jacobo da Silva asegurou que “se nos implicamos podemos chegar cun simple xesto a todos aqueles que desgraciadamente están pasando fame”. “Na nosas mans está que a erradicación da pobreza pouco a pouco se converta en realidade”, explicou o presidente local. En relación con isto, dende Novas Xeracións están estudando a posibilidade de crear un banco de alimentos permanente durante todo o ano “porque cremos que non só nestas datas debemos sacar adiante estas iniciativas, senón que debe ser un traballo constante e cun firme compromiso e responsabilidade, xa que estamos falando de familias cun importante índice de pobreza”.
Filed under: Uncategorized |
Seamos solidarios que es temporada!!! jejeje