Outro síntoma da pésima xestión do goberno de Orozco. Outro “errozco” que pagamos os cidadáns.

O voceiro popular Jaime Castiñeira advirte que o PP “non será cómplice da ruína económica do Concello de Lugo que pretende Orozco” e á que se chegou “unica e exclusivamente pola nefasta xestión” do socialista, malia que os populares viñeron advirtindo nos últimos tempos da gravidade da situación

Castiñeira afirma que o recibo da auga se triplicará pola pésima xestión de Orozco

  • O voceiro salienta que a empresa da auga vai ser “unha oficina de colocación do PSOE e BNG” con 78 traballadores “que se van colocar dende o bipartito”
  • Castiñeira sostén que o goberno local pretende facer unha “montaxe dunha operación encuberta de crédito”, para que non compute como débeda, recurrindo a un sistema de financiamento externo a través dunha empresa privada, que adiantará 9,5 millóns de euros
  • O popular explica que “con esta operación, o que pretende Orozco é salvar a súa cara e deixar outra hipoteca máis para futuras corporacións”
  • O popular condena a “improvisación total e absoluta” coa que traballa o bipartito, xa que, en dous días, aumentou o capital social da empresa en 1,1 millóns (de 12,4 a 13,5 millóns de euros).

Castiñeira referiuse a que este proceso “non é máis que unha operación de crédito encuberta”, xa que, “en lugar de pedir financiamento aos bancos, recorren a unha empresa privada que aporta 9,5 millóns de euros”, co único obxectivo de que non compute como débeda financeira a ollos do Banco de España.

Por iso, o popular anunciou o seu rexeitamento a este proxecto, que “vai representar a ruína económica do Concello de Lugo”. Explicou que a creación da empresa mixta da auga vén ratificar “o que tantas veces denunciamos dende o PP”: que as contas non son as que o goberno presume e que a xestión económica de Orozco é “pésima e nefasta”. Argumentou que se o alcalde non tivese asinado un convenio coa Xunta de Galicia para asumir o Concello, en lugar da administración autonómica, o mantemento da estación depuradora, agora non faría falta encamiñarse cara esta empresa mixta, “a menos que a intención fose precisamente preparar o terreo á medida da empresa”, matizou.

“É máis, sen este acordo, coa entrada da Lei de Acompañamento dos Orzamentos da Xunta de Galicia, segundo o seu artigo 10, a administración autonómica asumiría a metade do mantemento da EDAR, como acontece en Pontevedra”, expuxo. Neste caso, o ente municipal podería aforrar en 2012 máis de 1,5 millóns de euros. 

Advertisement

5 Respostas

  1. Bien Alcalde… tu si que sabes, menudo panorama que nos dejas en la ciudad. Por cierto, saludo a Pepiño… que ya le queda poquito, el cazador cazado!!.

  2. E penoso o de este home, oportunidades para os xóvenes na cidade, cero patatero, pero subir recibos e ir presumindo do que non se ten gustalle moito. Vaiase Don José, vaiase!!!

  3. Orozco retírate y deja gobernar a quien los lucenses han elegido

  4. Este no se retira ni el día del juicio final, pierden las elecciónes y aún así gobiernan. Caraduraaaaaaaaassssss

  5. Orozco es un cacique, colocando gente y desviando fondos… como cierto personajillo que se compra un MacBook con fondos para unos obradoiros :P, aqui santo no es nadie!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: