A pretensión destas xuntanzas, segundo Jacobo da Silva, é a de establecer unha relación “directa e de traballo” con cada organización
Lugo 18-10-2011.- A xunta local de NNXX de Lugo iniciará unha rolda de contactos coas diferentes asociacións xuvenís da cidade. Así o puxo de manifesto o seu presidente, Jacobo da Silva, tras manter unha xuntanza coa secretaria xeral da organización político xuvenil vinculada aos populares, Mar Carballas, e co vicesecretario de Distritos, Edgar Casanova. A reunión tivo como motivo sacar adiante a iniciativa.
A pretensión das reunións propostas polos mozos de Novas Xeracións é a de “coñecer todas e cada unha das asociacións de ámbito xuvenil”, explicou Jacobo da Silva. Estas reunións, segundo o presidente local, “permitirannos establecer unha relación directa e de traballo con cada organización”.
Neste senso, Da Silva subliñou “que esta será unha boa vía para coñecer as inquedanzas e a forma de traballar das asociacións, e poder así colaborar e interactuar con cada unha de elas”. Esta proposta de contacto entre Novas Xeracións e o resto de asociacións xuvenís da cidade foi posta en coñecemento da concelleira de Xuventude do grupo popular, Raquel Castiñeira, por parte dos xóvenes do partido.
Filed under: Uncategorized |
Os xóvenes tedes que estar xuntos e traballar xuntos para loitar por unha sociedade mellor. Noraboa pola inciativa, as asociación agradecerán a vosa implicación.
Unha iniciativa proposta polos xóvenes de Novas Xeracións nestes tempos sempre é ben acollida e qué millor que un plan de organización directa coas nosas Asociacións, coas Asociacións que segundo o seu tema, segundo o concepto de seu sentido, traballan a cotío ca xente, pola xente e para a xente. Deste xeito a pretensión da nosa relación directa con elas non é menos que a de implicarnos no seu traballo, emxugarnos no seu ímpeto e compartir as súas inquedanzas. Traballo longo e sensible pero é que nós traballamos no seu igual ca XENTE, pola XENTE e para a XENTE.