NNXX da cidade de Lugo amplía a súa presenza na rede

Lugo, 7 de setembro de 2011.- Novas Xeracións da cidade de Lugo presentaron hoxe en rolda de prensa os seus novos portais de internet. Durante o acto celebrado na sede do Partido Popular, o presidente local da agrupación política, Jacobo da Silva, fixo fincapé no papel “fundamental” que xogarán as redes sociais na vindeira campaña electoral. Da silva tamén subliñou que renovan e potencian os seus portais na rede para “chegar a todos e cada un dos xóvenes lucenses”.

O ‘blog’ creado polo mozos da agrupación político xuvenil leva por título “A Xeración do Cambio”, segundo da Silva isto débese a que “a nosa xeración farta xa do abandono a que a someteu o goberno de Zapatero, dirán non a un novo desgoberno socialista, e dirá si a unha nova política de confianza e esperanza para todos os xóvenes que levarán a Mariano Rajoy á Moncloa”

Pola sua banda o presidente provincial de NNXX, Daniel Vega, apoiou esta iniciativa e afirmou que “é dunha gran importancia para achegarse os xóvenes, nun momento no que as redes sociais xogan un papel moi importante na comunicación”.

Os novos portais que os mozos abriron na rede son o ‘blog’ http://www.nnxxlugo.wordpress.com e o perfil de Twitter @NNGG_Lugociudad.

Advertisements

Unha resposta

  1. Se nota el cambio, se nota que estamos más presentes que nunca… que boa falta facia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: